Wednesday 01 de May de 2024

Cariño abre a Oficina de Turismo cun protocolo de atención ao público adaptado á crise sanitaria actual


Dous técnicos atenderán aos turistas de luns a domingo no espazo habilitado na casa do concello.

O Concello de Cariño acaba de abrir a súa Oficina de Turismo, situada na entrada da casa do concello, e que permanecerá aberta de luns a domingo durante todo o verán. Este ano instaurouse un protocolo de atención ao público adaptado á crise sanitaria xerada polo Coronavirus.
A oficina permanecerá aberta de luns a venres en horario de 10 a 20 horas e os sábados, domingos e festivos atenderán de 10 a 14:30 horas e de 17 a 20 horas. O Concello contratou a dous técnicos de turismo para atender aos turistas que requiran información sobre os principais focos de atracción do municipio, información sobre os eventos ou actividades que se desenvolverán…
Á oficina só poderá entrar unha persoa por quenda, agás se esta está acompañada por nenos, e deberá facelo sempre con máscara e facendo uso do dispensador de xel hidroalcohólico situado á entrada.